Noticias S.I.

O Boletín Oficial do Estado só se poderá consultar por internet
A edición dixital do BOE terá a mesma validez legal da impresa. Aínda así, seguiranse a imprimir algúns exemplares para o seu arquivo físico. Para garantir que a cidadanía sen acceso á rede poida consultar o boletín, todas as oficinas de información e atención cidadá da Administración xeral do Estado dispoñerán dun terminal de consulta pública e impresión do xornal.

O BOE é o periódico máis antigo do Estado Español dende o seu nacemento como Gaceta de Madrid en 1661. Todas as edicións, dende o primeiro número, pódense consultar tamén na súa versión en PDF dende o ano 2003. Actualmente a web do BOE é a máis visitada da Administración, con 2,5 millóns de consultas ao día.

O Goberno Español calcula que se aforrarán tres millóns de euros netos, ademais de evitar talar 45 mil árbores ao ano, 10 millóns de litros de auga e 500 megavatios de enerxía. Anteriormente abandonaran o papel o Diari Oficial da Generalitat Valenciana, que se deixou de imprimir o 1 de xaneiro de 2007, e o Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya, que fixo o mesmo o 30 de xuño daquel ano.

O sector TIC galego enfróntase a novos mercados e afronta a cooperación
Nas conferencias estiveron presentes destacados representantes de asociacións, institucións e empresas vinculadas ás tecnoloxías da información e a comunicación de toda Galiza.

A directora xeral deixou claro que agora é o momento apropiado para dar un paso adiante e prepararse, aproveitando todo o talento que aglutina o sector, para afrontar o futuro con garantías de éxito. Para lograr este reto, referendou o compromiso da Xunta co desenvolvemento e a difusión do TIC.

No debate quedou patente, ademais, a importancia do "hipersector", como o definiu o presidente de Ineo, Jorge Cebreiros, quen achegou unha serie de cifras indicativas da importancia destas empresas, cuxo crecemento medio é do 7% fronte ao 5,9% de media da economía.

Pola súa banda, o vicepresidente de Aetic-Galicia, Ramón María Lois, outro dos relatores, fixo fincapé en que o primordial é definir con claridade que é o que engloba o sector TIC, ao que non dubido de cualificar como "estratéxico", e sobre o que advertiu da importancia que poden ter as decisións que se adopten agora.

A xerente de Eganet, María Xosé Jamardo, outra das participantes no que terminou converténdose nun animado coloquio, non dubidou, en cambio, en asegurar que o futuro do TIC pasa por unha peneira da que, na súa opinión, se encargará o propio mercado.

Microempresas

O tamaño das empresas TIC foi outra das cuestións que se puxo sobre a mesa, ao coincidir os relatores en que son moitas as micropemes integradas neste sector. Neste sentido, Lois subliñou que 12 empresas representan máis do 65% do sector en Galicia, aínda que Cebreiros lle restou importancia a este parámetro para valorar a importancia das compañías, ao preguntarse "por que o número de empregados ten que determinar o talento?".

"Non é que teñamos moita empresa pequena, ou que pasa é que temos poucas grandes", concluíu Veiguela.

Un de cada dous internautas participa en redes sociais
O perfil de coñecedores das redes sociais é de xente nova de entre 16 e 30 anos, clases altas e núcleos urbanos. Tamén teñen equipamento tecnolóxico por riba da media e fan uso da rede en maior medida ca o termo medio da poboación, máis de dúas horas diarias. Tamén fan menos uso da televisión.

Segundo a análise que fai o Observatorio Galego da Sociedade da Información deste estudo, a rede social preferida dos usuarios é YouTube, mentres que un 59% fai uso da Wikipedia.

O OGSI tamén fai un repaso aos informes presentados durante o ano 2008 sobre o mesmo tema, como a Guía legal sobre redes sociais publicada polo Observatorio da Seguridade da Información de Inteco. Lembra, ademais, o monográfico O uso de internet nas redes sociais de Galiza, publicado en 2007 polo OGSI e elaborado por María Yáñez e Berto Yáñez.

Lea a información completa na web do OGSI.

Seis portos pesqueiros contarán con terminais TIC para axilizar os trámites
A normativa fixa a necesidade de obter documentación que acompañe os produtos pesqueiros antes da súa primeira venda para poder controlar as descargas e as vendas. No caso dos moluscos tamén teñen unha regulamentación específica que estabelece a necesidade de acreditar as características sanitarias das súas zonas de produción.

Ademais, os buques de artes menores teñen a obriga de comunicar o despacho da arte á que está dedicando a súa actividade. Neste senso, a xestión de comunicar e rexistrar toda esa información segue na actualidade mecanismos lentos que impiden que se desenvolva con axilidade o traballo diario dos profesionais do mar. Por todo isto, nace o proxecto TICPES que, xunto coas novas tendencias de e-Administración, permitirá obter e rexistrar de xeito sinxelo eses datos.

O proxecto terá como vantaxes permitir a innovación na actividade pesqueira, a axilidade e a eficacia no sistema de emisión de documentos, o control da rastrexabilidade dos produtos do mar e o respecto medioambiental. Ademais, busca ser eficaz, pois o control por parte das administracións poderá ser inmediato, mediante a consulta da información nas bases de datos. Así mesmo, fará posíbel o aforro de papel.

A Consellaría de Pesca instalará dispositivos de estrutura encastrábel que se situarán no exterior das lonxas. No seu interior terán material informático de última xeración, monitor de 15 polgadas, teclado de aceiro, elementos de accesibilidade aos menús das aplicacións informáticas e sistemas de lectura de tarxetas de recoñecemento dos usuarios. Ademais, están dotados de elementos que permitirán a comunicación on line a través de redes de comunicación existentes (ADSL, redes dixitais sen fíos e outros sistemas).

Os usuarios serán todos aqueles actores do sector pesqueiro, tales como armadores, mariscadores ou acuicultores, que estean debidamente acreditados e recoñecidos pola Administración para poder ter acceso aos terminais. Para iso, a Xunta facilitaralles uns códigos de autentificación a través dos cales poderán entrar no sistema.

Lectores de galego no exterior introdúcense no uso educativo das TIC
Será a segunda xuntanza do ano 2008 organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e leva o título "Aplicación das tecnoloxías web á docencia nos lectorados de galego". No encontro intervirán profesionais do ámbito do ensino e con experiencia na posta en marcha de recursos educativos na rede.

Durante as dúas xornadas trataranse asuntos como a aplicación de blogs didácticos ao ensino nos lectorados de galego, a construción de blogs educativos e a súa situación actual ou o uso da web e dos vídeos educativos. Tamén terá lugar un obradoiro de creación dun blog colaborativo.

Na sesión do martes 30, os participantes poñerán en común o seu traballo nos centros de estudos galegos no exterior. A clausura está prevista par a o martes ás 14 horas, xusto despois dun debate en que o profesorado recapitulará os asuntos tratados e fará propostas de futuro.

As xuntanzas de lectores de galego prodúcense dúas veces ao ano. A última tivera lugar o pasado verán. Tamén en xullo houbera en Compostela un encontro cos responsábeis dos centros de estudo e cátedras de galego no estranxeiro. Actualmente, a rede de proxección exterior da lingua conta con máis de 30 lectores profesores en 18 países.